XEOMORFOLOXIA E PAISAXES XEOGRAFICAS. CATRO DECADAS DE INVESTIGACION
NOVEDAD

XEOMORFOLOXIA E PAISAXES XEOGRAFICAS. CATRO DECADAS DE INVESTIGACION. HOMENAXE A AUGUSTO PEREZ ALBERTI

Editorial:
UNIVERSIDAD SANTIAGO DE COMPOSTELA
Año de edición:
Materia
Geografía
ISBN:
978-84-16954-96-4
Páginas:
570
Encuadernación:
Bolsillo
Colección:
HOMENAXES
30,00 €
IVA incluido
En stock
Añadir a la cesta Consigue 0,90 Puntos

Viaxeiro infatigable, profundo admirador e analista da paisaxe, minucioso investigador, docente recoñecido e entusiasta, a polifacética obra de Augusto Pérez Alberti ?científica, divulgativa, didáctica, académica, colaborativa? ? esténdese ao longo de corenta anos, nos que o seu nome foi acuñándose como imprescindible referencia da moderna xeomorfoloxía e a análise da paisaxe xeográfica, ao punto de ter sido un dos factores máis relevantes no estímulo e configuración da nova titulación de Xeografía da Universidade de Santiago de Compostela. Co gallo da xubilación do mestre, máis de cincuenta colegas, colaboradores, discípulos e amigos, pertencentes a unha vintena de universidades e outros organismos, concítanse nas páxinas deste volume ofrecido na súa homenaxe e consagrado ás principais disciplinas e liñas de investigación polas que, ao longo de tan dilatada e vizosa carreira, o profesor Pérez Alberti vén transitando: xeomorfoloxía, con atención especial á xeomorfoloxía costeira, glaciar e periglaciar; hidroloxía; estudo da paisaxe e ordenación territorial; paleoambiente; aspectos didácticos das materias xeográficas? No seu conxunto, alén do alto valor científico e interese para investigadores nos eidos devanditos, este volume é, ao cabo, unha mostra colectiva de gratitude e recoñecemento a un labor de catro décadas de investigación e ensino.