VERLIOKA
NOVEDAD

VERLIOKA

Editorial:
OQO EDITORA
Año de edición:
Materia
Álbum ilustrado
ISBN:
978-84-9871-729-7
Páginas:
48
Encuadernación:
Cartoné
Colección:
COLECCIÓN O
Compartir en:
14,90 €
IVA incluido
En stock
Añadir a la cesta

O terrible xigante Verlioka raptou as netas do labrego e quixo esmagarlle a muller. Entón, o avó decidiu ir na súa procura para axustarlle as contas. Polo camiño atopou unha gansa mocha, un can palleirán e un burro rabudo; e, todos xuntos, foron darlle o seu merecido ao xigante.
A estrutura da historia correspóndese co esquema do conto marabilloso ruso, estudado por Vladimir Propp. Verlioka é un exercicio de estilo, rexido por normas e regras arquetípicas;en concreto, esta versión toma prestados aspectos da tradición oral para crear a trama narrativa. Animais e humanos cooperan, enfróntanse ás adversidades, para, finalmente, obter a vitoria.
Noutras versións, as axudas proceden de elementos que aparecen no camiño do avó (corda, muíño de auga, forno, landra…), obxectos máxicos ligados á cultura do pobo ruso. Esta versión presenta unha estrutura singular: a colaboración chega dos animais, que aparecen humanizados (falan, axudan, dan consellos) e convértense en compañeiros inseparables, proporcionando tranquilidade, apoio e ata un desabafo para os temores dos máis pequenos lectores. Alén das forzas malévolas do xigante, existe un mundo hospitalario, o do home, quen, coa axuda dos seus astutos e enxeñosos amigos, triunfará de vez sobre o desalmado xigante. As ilustracións xogan co carácter hiperbólico dos personaxes e inciden na faceta humorística do conto. Cun universo de cores intensas, Sergio Mora idea un ambiente que evoca libros antigos e estampas de época, a través do craquelado da imaxe.

Otros libros del autor

  • TRES OSOS
    Titulo del libro
    TRES OSOS
    NÚÑEZ ÁLVAREZ, MARÍA LUISA
    Agotado

    14,90 €

  • RATO TOM E RATA TOMASA
    Titulo del libro
    RATO TOM E RATA TOMASA
    NÚÑEZ ÁLVAREZ, MARÍA LUISA
    Agotado

    14,90 €