TRES PINTORES
NOVEDAD

TRES PINTORES. PREMIO ANXEL FOLE DE NARRACIÓN CURTA CONCELLO DE LUGO 2018

Editorial:
XERAIS
Año de edición:
Materia
Narrativa. lit gallega
ISBN:
978-84-9121-452-6
Páginas:
104
Encuadernación:
Bolsillo
Colección:
NARRATIVA
17,00 €
IVA incluido
En stock
Añadir a la cesta Consigue 0,51 Puntos

Foi precisamente na rúa Joaquín Loriga, unha das máis empinadas de Vigo, onde o catro de abril de 1985 aquel meu vello Renault 8 decidiu suicidarse da maneira máis elegante que poidades imaxinar. Así comeza Tres pintores, a obra coa que Cid Cabido volve á narrativa tras recibir o Premio Ánxel Fole, logo de nove anos de silencio.
Contada en primeira persoa, cunha prosa divertida, capitaneada pola ironía, a mordacidade e o coloquialismo, Tres pintores relata as peripecias de dous amigos que unha noite deciden emprender, sen demora e apenas sen cartos, unha viaxe a París a bordo dun vello Renault 8. De fondo, aparece a necesidade urxente de ver mundo que tiñan, nos anos oitenta, uns rapaces que pasaron da militancia clandestina contra o réxime a moverse nos ambientes dunha vida pseudo caralla intelecto bohemio contrariosa. Eles representan, na creación artística e literaria, o que hoxe pode considerarse unha xeración invisible.
Co seu xeito tan persoal de entender a narrativa e unha forma de escribir imantada, Cid Cabido ofrécenos a visión crítica dunha época e duns personaxes, se cadra moito máis reais do que poida semellar, tratados con salientable sentido do humor.