TOPONIMIA DE TRABADA

TOPONIMIA DE TRABADA

Editorial:
REAL ACADEMIA GALEGA
Año de edición:
Materia
Lingüística
ISBN:
978-84-947823-3-6
Páginas:
191
Encuadernación:
Bolsillo
Colección:
TERRA NOMEADA
15,00 €
IVA incluido
En stock
Añadir a la cesta Consigue 0,45 Puntos

Con esta colección, a Real Academia Galega e a Asociación Galega de Onomástica pretenden recompilar e estudar os nomes de lugar habitados e algúns dos principais accidentes xeográficos dos concellos de Galicia, dun xeito divulgativo e ameno para axudar a coñecérmonos algo máis como galegos. Saber cal é a motivación e o significado dos nomes dos sitios onde vivimos e de onde vimos, onde naceron os nosos devanceiros e que acollerán os nosos fillos, faranos máis conscientes da relación co noso pasado, de como se conformou a nosa sociedade, de como é a natureza en que habitamos, a súa fauna e as plantas. Significará identificármonos mellor como sociedade e como pobo.

Presentamos aquí o número 3 da colección, correspondente á Toponimia de Trabada, realizada por Xulia Marqués Valea, doutora especialista en toponimia e con ampla experiencia en estudos etimolóxicos, recollida de campo e didáctica da onomástica.