SOCIALISMO EN EUROPA 2020

SOCIALISMO EN EUROPA 2020. UNHA AMBICIOSA PROPOSTA SOCIALISTA, FEMINISTA E ECOLOXICA

Editorial:
EDICIÓNS LAIOVENTO
Año de edición:
Materia
Literatura
ISBN:
978-84-8487-491-1
Páginas:
536
Encuadernación:
Rústica
Colección:
COLECCION XERAL
Compartir en:
39,95 €
IVA incluido
Disponible en 72 horas.
Añadir a la cesta

A desintegración do chamado bloque socialista facilitou a difusión da propaganda anti-socialista, seguindo dúas liñas argumentais. Socialismo e ditadura van sempre asociados, mentres que capitalismo equivale a democracia. Alén diso, o socialismo provoca sempre un fracaso económico, polo que socialismo é sinónimo de ineficiencia produtiva. En consecuencia, é obrigado avaliar as realizacións, erros e crimes cometidos en nome do socialismo e o tempo desfacer falacias e falsidades que difunden os voceiros do rapaz neoliberalismo globalizado que está fomentando as desigualdades de xeito exponencial, onde os poderosos son cada vez menos e máis ricos e a inmensa maioría do pobo, cada vez máis pobre, e en paralelo destruíndo o noso planeta, a peste vírica que estamos vivindo é unha das consecuencias, deste sistema criminal. Disto vai o libro “Socialismo en Europa”, que vai debullando a realidade de xeito rigoroso e ameno. Xabier Pérez Dávila, o seu autor é economista e ensinante, e no ano 2016 publicou en Laiovento: “ALÉN DA CASTA. Un ensaio sobre o poder e as clases sociais no século XXI