SINGAMIA 1.1

SINGAMIA 1.1

Editorial:
XERAIS
Año de edición:
Materia
Literatura juvenil
ISBN:
978-84-9121-460-1
Páginas:
136
Encuadernación:
Rústica
Colección:
FÓRA DE XOGO
12,15 €
IVA incluido
Disponible en 1 semana
Añadir a la cesta Consigue 0,36 Puntos

A comezos da década de 1980, Ric Ocasek, cantante de The Cars, dicía: «Os coches mudaron as nosas vidas, a xente fai o amor, nace e morre dentro deles. Ás veces mesmo chegan a conducilos.»
Así acontece hoxe coas máquinas: dos ascensores á intelixencia artificial, dos drons aos videoxogos, dos escáneres cerebrais ás cámaras ocultas. Obsérvannos até facernos transparentes. Non hai segredos para elas. Invadiron as familias, a saúde, a reprodución, as relacións persoais, toda a intimidade. Mesmo os soños. Adiantan as nosas necesidades e decisións, coñecen todo de nós... Mais, que sabemos nós delas?
Singamia 1.1 (Queridas máquinas) culmina a triloxía AKTUAL de Ramón Caride coa vertixe dun futuro presente. Moitos dos acontecementos destes relatos, así como o xeito en que suceden, non serían posibles hai cinco anos. Só hai que mirar ao noso redor para poder ver o que temos diante dos ollos.

Otros libros del autor