A CIENCIA AO SERVIZO DA NACION: RICARDO CARVALHO CALERO

A CIENCIA AO SERVIZO DA NACION: RICARDO CARVALHO CALERO. A CIENCIA AO SERVIZO DA NACION

Editorial:
EDICIÓNS LAIOVENTO
Año de edición:
Materia
Estudios literarios
ISBN:
978-84-8487-460-7
Páginas:
298
Encuadernación:
Bolsillo
Colección:
ENSAIO
Compartir en:
20,00 €
IVA incluido
Disponible en 72 horas.
Añadir a la cesta

Nada galego é alleo a Ricardo Carvalho Calero. Esta frase,
que recollemos da que el utiliza para definir o seu admirado
e querido Ramón Otero Pedraio, en artigo de homenaxe
póstuma que figura nestas páxinas, apropiámola e apómoslla
nós a el, como cifra dos textos da súa autoría que escolmamos
para dar conta -ben que mínima, significativa do
inmenso labor bibliográfico que a súa obra supón nas
letras galegas do século XX. Esta antoloxía así o certifica:
comprende un arco temporal de cincuenta e sete anos (de
1930 a 1987) e está integrada por artigos, ensaios, estudos
lingüístico-literarios, palestras, colaboracións en prensa periódica,
discursos...: seis décadas de dedicación continuada
á investigación, análise, interpretación, crítica e divulgación
da nosa lingua e literatura, nun labor incesante que non
ten parangón no seu tempo, para alén do valor, calidade e
versatilidade da súa obra de creación en todos os xéneros
literarios, tamén ao longo de toda a súa vida. Este volume
recolle, con fidelidade textual, unha parte fundamental da
súa produción, de interese para profesores, estudantes e público
en xeral. Son espello dunha fondura de coñecemento,
erudición, rigor documental e calidade de estilo que fan deles
leitura imprescindíbel como achega basilar ao tratamento
científico da nosa lingua, da nosa literatura e da cultura galega
en xeral.
Unha obra, en fin, que continúa a ser unha fonte ineludíbel
de instrución e de sabedoría para as galegas e galegos
de hoxe.

Otros libros del autor