REMEDIOS DA NOSA HORTA MEDICINAL
NOVEDAD

REMEDIOS DA NOSA HORTA MEDICINAL

Editorial:
BAÍA EDICIÓNS A CORUÑA. S.L.
Año de edición:
Materia
Métodos terapéuticos
ISBN:
978-84-9995-316-8
Páginas:
212
Encuadernación:
Bolsillo
Colección:
BAIA VERDE:GUIA NATUREZA
24,00 €
IVA incluido
En stock
Añadir a la cesta Consigue 0,72 Puntos

A horta tradicional forneceu á casa de comida, pero tamén de medicina. Ao longo das páxinas deste libro, Maria Frá preséntanos por volta de 40 plantas comúns nas hortas galegas que son remedios, convidándonos a transformar as nosas hortas, xardíns e balcóns nunha botica viva.

Moitos dos remedios recollidos nesta guía poden resultar familiares, porque son as mesmas receitas e están elaborados coas mesmas herbas que utilizaban as nosas avoas. Foron seleccionados desde o convencemento de que a medicina que necesitamos está aquí, aos nosos pés, recusando os remedios exóticos e as panaceas que nos ofrece a industria baixo a etiqueta de “natural”, pero sen ignorar que a medicina popular ten que estar viva e, polo tanto, permeábel a novos coñecementos e novas adquisicións.

Coa convicción de que os saberes tradicionais sobre plantas medicinais non son soamente historia, nin deben ficar ancorados no pasado ou convertidos en obxectos de museo, esta guía ofrécenos un punto de partida para comezar a tecer na vella rede da medicina popular coas nosas propias experiencias e a formar parte da cadea de transmisión da sabedoría ancestral do noso pobo sobre autoxestión da saúde.