QUERIDA MORTE RACHADA
NOVEDAD

QUERIDA MORTE RACHADA

Editorial:
EDICIÓNS LAIOVENTO
Año de edición:
Materia
Novela ciencia ficción/fantástica
ISBN:
978-84-8487-769-1
Páginas:
245
Encuadernación:
Rústica
Colección:
COLECCION XERAL
Compartir en:
19,95 €
IVA incluido
En stock
Añadir a la cesta Consigue 0,60 Puntos

Querida morte rachada abriu en 1983 unha fenda luminosa na literatura turca. Con ela, Latife Tekin converteu o realismo máxico nunha lingua propia para narrar a ferida da emigración e a beleza teimuda da supervivencia. A familia Aktas, arrancada da súa aldea e empurrada ao arrabales de Estambul, avanza entre sombras e revelacións mentres Dirmit - a filla máis nova- transforma o mundo qeu a rodea nun tecido onde o real e o imposible se entrelazan sen costura. Nos seus ollos a pobreza convértese en mito, a cidade en criatura viva, e a memoria rural en canto que resiste a desaparecer. Os contos de fadas, as cancións populares e o folclore anatolio non son só ecos do pasado: son a materia coa que Dirmit ergue un territorio íntimo, un refuxio onde a dor se volve símbola e a esperanza, presaxio. Considerada unha das obras máis orixinais da narrativa turca contemporánea, Querida morte rachada é unha meditación sobre a identidade, a pertenza a resistencia íntima fronte ás mudanzas dun tempo que devora o antigo. Unha novela que respira como un soño antigo dentro dun mundo moderno: intensa, máxica, inesquecíbel.