POLITICAMENTE INCORRETA. ENSAIOS PARA UN TEMPO DE PRESSAS

POLITICAMENTE INCORRETA. ENSAIOS PARA UN TEMPO DE PRESSAS

Editorial:
ATRAVÉS EDITORA
Año de edición:
Materia
Narrativa. lit gallega
ISBN:
978-84-87305-79-5
Colección:
A TRAVES DAS IDEIAS
17,00 €
IVA incluido
Agotado

Hai agora un ano, e após dar ao prelo millentas páxinas escritas na norma ortográfica 'oficial', a que se ensina nas escolas, Moure colocouse a si propia nunha encrucillada. Obrigouse a escoller e decantouse pola opción máis arriscada, a da variante internacional da nosa lingua. Desde aquela até hoxe son tres os títulos con que agasallou o seu público leitor: Eu violei o lobo feroz (ATravés Editora, da Galiza), Uma mãe tão punk (Chiado Editora, de Lisboa) e este que agora se presenta, Politicamente Incorreta, con que repite experiencia coa ATravés xustamente para se reafirmar na escolla que fixo desde a encrucillada.

Que as súas ideas fiquen grafadas na norma ortográfica que defende

"A primeira necesidade que sentín foi que algunhas ideas que quero defender, e sobre as cales tiña escrito na normativa oficial, xa non fosen citadas nesa normativa porque xa non a sigo", explicou a autora nunha entrevista que Sermos Galiza publicou no seu semanario nº88 (aínda dispoñíbel na nosa loxa). Así, en Politicamente Incorreta @s leitor@s atoparán versións breves de obras xa coñecidas coma Queer-emos un mundo novo ou O natural é político, mais tamén textos inéditos da autoría de Moure e mesmo discursos pronunciados nos últimos tempos e que aínda non foran publicados.

Otros libros del autor