POETIZATE

POETIZATE. ANTOLOXIA DA POESIA GALEGA

Editorial:
XERAIS
Año de edición:
Materia
Poesía. lit gallega
ISBN:
978-84-1110-513-2
Páginas:
224
Encuadernación:
Rústica
Colección:
INFANTIL E XUVENIL - FÓRA DE XOGO
Compartir en:
13,50 €
IVA incluido
En stock
Añadir a la cesta

Cunha concepción desenfadada e rebelde, «Poetízate», a coñecida antoloxía poética feita por Fran Alonso, converteuse, desde a súa publicación, nunha ferramenta de referencia para achegar a poesía á mocidade.
E é que a poesía non é aburrida, nin cursi, nin difícil. Esta antoloxía demóstrao, con poemas seleccionados para as persoas que non están afeitas a ler poesía e con códigos QR que remiten ás voces das e dos poetas e á súa imaxe ou ás súas cancións.
A poesía pode lerse nun libro ou na letra dunha canción, pode escoitarse nun recital, nun concerto de rock ou enviarse por Whatsapp, porque a poesía non é unha materia para aprender senón unha ollada distinta, libre e moi rebelde, sobre o mundo.
Con «Poetízate» propoñémosche unha viaxe, de Rosalía de Castro ás poetas novas, a través dos poemas máis próximos e simpáticos da poesía galega. Así que non o dubides: poetízate.

Otros libros del autor