PLASTICUS MARITIMUS. UNHA ESPECIE INVASORA

PLASTICUS MARITIMUS. UNHA ESPECIE INVASORA

Editorial:
KALANDRAKA
Año de edición:
Materia
Ciencia (divulgación infantil)
ISBN:
978-84-1343-016-4
Páginas:
176
Encuadernación:
Rústica
Colección:
CIENCIA
Compartir en:
18,00 €
IVA incluido
En stock
Añadir a la cesta

Se os peores prognósticos se cumprisen, en 2050 o peso do plástico nos océanos superaría o dos propios peixes; non en van, calcúlase que uns 8 millóns de toneladas dese material -do cal a metade é dun só uso- acaban cada ano no ecosistema mariño. Este libro é unha guía que presenta a ficha científica desa “especie invasora” que urxe erradicar.
A autora e promotora do proxecto «Plasticus maritimus», Ana Pêgo, medrou á beira dunha praia, observando, aprendendo e apreciando a súa biodiversidade, forxando a activista na que se converteu como beachcomber nunha rede internacional de expertos que axudan a identificar os plásticos recollidos. Dende os obxectos nos que queda atrapada a fauna mariña ou intoxicada pola súa inxesta ata os microplásticos de menos de 5 mm. que se introducen na cadea trófica, esta obra alerta sobre un tipo de contaminación que xa formou a súa propia illa no Pacífico.