PASADO ARRINCADO. LUGARES DE MEMORIA DEMOCRÁTICA EN GALICIA

PASADO ARRINCADO. LUGARES DE MEMORIA DEMOCRÁTICA EN GALICIA

Editorial:
GALAXIA
Año de edición:
Materia
Política
ISBN:
978-84-1176-190-1
Páginas:
478
Encuadernación:
Otros
Colección:
MEMORIA
Compartir en:
29,75 €
IVA incluido
En stock
Añadir a la cesta

Un espazo. Un recordo. Os lugares de memoria son por riba de todo espazos físicos, tanxibles, que se enchen de contido. Os artigos que compoñen este libro son unha escolma simbólica do traballo que aínda queda por facer no ámbito desta recuperación. Un Pasado arrincado que esquecemos, en parte porque faltan preguntas.
O proxecto ten a vontade de mellorar o enfoque interpretativo nesta temática, ampliando o recordo tanto sobre o que nos lembra a violencia represiva como sobre o que sirva para sementar a conciencia de construción dun futuro en colectivo; dos traballos, do compromiso de moita xente que fica invisible.
Un coñecemento colectivo que non debe ser estático, porque co estudo sobre o pasado aprendemos sobre nós mesmos: na nosa calidade colectiva como sociedade democrática.
Para ampliar información, pódese acceder on line ás localizacións, imaxes e rutas, ademais de a unha base de datos indexada temática e cronoloxicamente en: https://memoriasvivas.es, e unha guía docente na sección de “Materiais” na web de Editorial Galaxia.

Otros libros del autor