OS TRES BANDIDOS

OS TRES BANDIDOS

Editorial:
KALANDRAKA
Año de edición:
Materia
Álbum ilustrado
ISBN:
978-84-8464-620-4
Páginas:
44
Encuadernación:
Cartoné
Colección:
SIN COLECCION
Compartir en:
16,00 €
IVA incluido
En stock
Añadir a la cesta Consigue 0,48 Puntos

Asaltaban carruaxes e atemorizaban os seus pasaxeiros. Menos a unha nena orfa que non lles tivo medo. Un clásico de sempre, sobre a bondade de corazón.

«Os tres bandidos», cunha edición fiel á obra orixinal de 1961, é un clásico da Literatura Infantil traducido a máis de 30 linguas. Moitas xeracións de nenas e nenos medraron coa historia destes peculiares personaxes, caracterizados con orixinais vestimentas e cun atípico instrumental para cometer falcatruadas. O relato destaca polo seu carácter descritivo, a orde narrativa das accións e a sinxeleza coa que Tomi Ungerer guía os lectores. As ilustracións axudan á comprensión da historia: o contraste cromático, a expresividade de cada escena e o aspecto enigmático dos bandidos son os elementos máis salientables.

Transmite emocións que van dende o medo á tenrura: os bandidos non coñecen outro mundo que non sexa roubar e amedrentar a xente. A irrupción nas súas vidas dunha meniña orfa faralles cambiar de rumbo e comprender que coas riquezas que acumularon poden axudar outros nenos necesitados.

Otros libros del autor