OBRA DRAMÁTICA

OBRA DRAMÁTICA

Editorial:
XERAIS
Año de edición:
Materia
Teatro. lit gallega
ISBN:
978-84-7507-999-8
Encuadernación:
Otros
Colección:
EDICIÓN LITERARIA - BIBLIOTECA DAS LETRA
11,70 €
IVA incluido
Descatalogado

A obra de Ramón Cabanillas (1876-1959) ocupa, sen dúbida, un lugar sobranceiro dentro da historia da dramaturxia galega. Poeta de prestixio incuestionable no seu tempo e figura indiscutida dentro do panorama das nosas letras, a traxectoria teatral do autor cambadés desenvólvese no marco das iniciativas a prol da normalización cultural promovidas desde as Irmandades da Fala. Os resultados dese labor móstranse, xa que logo, a través de obras como A man de Santiña ?estreada en 1919 e publicada en 1921- ou O Mariscal ?publicada en 1926-: pezas que nacen, polo tanto, nun momento de efervescencia nacionalista e tamén como producto do convencemento de que o teatro podía e debía constituír un instrumento galeguizador fundamental.
Desta maneira, a obra dramática do autor cambadés inaugura unha auténtica nova xeira na nosa producción teatral: a dramática nacional, rompendo progresivamente, ademais, coa estética do realismo costumista ruralizante do teatro rexionalista anterior a el.

Otros libros del autor