O VALO
NOVEDAD

O VALO

Editorial:
XERAIS
Año de edición:
ISBN:
978-84-9121-255-3
Páginas:
64
Encuadernación:
Cartoné
Colección:
LIBROS DO CENTRO DRAMÁTICO GALEGO
15,00 €
IVA incluido
En stock
Añadir a la cesta

No medio dun deserto, que se estende até onde alcanza a nosa vista, o Soldadiño de chumbo, un neno soldado, chanta unha bandeira e coloca un valo de arame, xusto onde no seu mapa marca a fronteira. Do outro lado do valo, Sahara, a rosa do deserto, unha rapaza abandonada, que foxe da guerra, trata de convencelo de que a deixe pasar, xa que está procurando un pozo onde saciar a súa sede. Xaora, sentados de costas, mirando as estrelas fugaces no firmamento, Sahara e o Soldadiño comparten idéntico ceo e comprenden que só na procura dos seus soños atoparán a liberdade.
Peza dun único lance para dous personaxes, " O valo " propón unha emocionante reflexión sobre a igualdade e a paz entre todas as persoas e comunidades. Premio Manuel María de Literatura Dramática Infantil 2016, o xurado salientou ?o carácter sobresaliente? desta peza que ten a guerra de Siria como pano de fondo.

Otros libros del autor