O rei dispoñíase a almorzar, como todos os días, no comedor real. Cando foi sentar no trono... cravou un alfinete no cu.
—Ai! Ai! Ai! —laiábase, suplicando axuda. Pero ninguén se atrevía a tocar o traseiro do rei.
Desmitificando os costumes e os hábitos de palacio, Raquel Saiz constrúe un texto áxil, sinxelo e divertido, moi apropiado para os máis cativos.
Con enxeño e gran sentido do humor, amósanos a cara máis absurda de persoas de alta categoría social que, por por mor do seu rango, parecen incapaces de resolver un asunto tan sinxelo como o de lle quitar ao rei un alfinete do cu.