O QUE VEN OS OLLOS DOS NENOS

O QUE VEN OS OLLOS DOS NENOS

Editorial:
XERAIS
Año de edición:
ISBN:
978-84-8302-598-7
Páginas:
80
Encuadernación:
Otros
Colección:
INFANTIL E XUVENIL - EDICIÓNS SINGULARES
Compartir en:
12,95 €
IVA incluido
Descatalogado

?Non é cousa doutro mundo pintar o que ven os ollos dos nenos?, escribiu Castelao, dando pórtico a este libro de prosa poética de Antonio García Teijeiro. En O que ven os ollos dos nenos, terceira entrega da colección ?A letra durminte?, agroma a palabra espida, sincera e espontánea dos que están a descubrir o mundo: ?O muro está fermoso. O neno e maila nena sorrín, cóllense da man e comezan a canta-la canción da esperanza; senten así que están vivos?.
O que ven os ollos dos nenos, ilustrado polas expléndidas colaxes de Fino Lorenzo, evoca a palabra dos poetas máis queridos de Teijeiro: Iglesia Alvariño, Noriega Varela, Amado Carballo, Celso Emilio Ferreiro, Xohana Torres, Federico García Lorca, Rafael Alberti.... Apaixonado pola literatura máis comprometida dos sentimentos, Teijeiro dirixe neste libro absolutamente singular, a súa mirada sobre o muro da poesía e da vida. Denuncia a inxustiza do noso tempo: dende as fames do Sudán, a situación de Chiapas, as guerras de Afganistán e Kosovo, ata a traxedia dos refuxiados que se desprazan cara a ningures... Libro escrito con prosa moi coidada e de grande beleza, O que ven os ollos dos nenos, é un berro pola cultura da paz e da tenrura sen límites que venza o paso do tempo.

Otros libros del autor