LEC. O QUE SEI DO SILENCIO

LEC. O QUE SEI DO SILENCIO

Editorial:
XERAIS
Año de edición:
Materia
Literatura juvenil
ISBN:
978-84-9121-402-1
Páginas:
224
Encuadernación:
Bolsillo
Colección:
FÓRA DE XOGO
Compartir en:
13,50 €
IVA incluido
En stock
Añadir a la cesta

«Chámome Delia e son unha covarde. Esta é a historia de como acosamos a Silke durante os meses que estudou no noso instituto. E de como todo se nos foi das mans. Das miñas mans inútiles. E das manipuladoras mans de Xulia, Lara e Daniela. Das mans indiferentes de Marcos. Das sucias e miserables mans de Vítor. Das indecisas mans do meu irmán Iago. Diso vai este blog que acabo de abrir. Dos meses que pasei en silencio. Do que aprendín naqueles días da crueldade e da covardía. Isto é o que sei do silencio.»
" O que sei do silencio " é o relato estremecedor de como Delia se converteu en acosadora pasiva dunha rapaza inocente de 3º da ESO. Historia inspirada libremente nun suceso real, afonda dende voces diversas na xénese, desenvolvemento e consecuencias dun caso de acoso escolar. Unha novela necesaria que achega azos a todas aquelas persoas que ignoran o silencio e se fan fortes a si mesmas e ás demais a través das palabras.

Otros libros del autor

Otros clientes también compraron