O PEQUENO LEÓN

O PEQUENO LEÓN. EL PEQUEÑO LEÓN

Editorial:
KALANDRAKA
Año de edición:
Materia
Álbum ilustrado
ISBN:
978-84-1343-378-3
Páginas:
40
Encuadernación:
Cartoné
Colección:
TRAS OS MONTES
Compartir en:
16,50 €
IVA incluido
En stock
Añadir a la cesta Consigue 0,50 Puntos

Un relato entrañable e comprometido narrado coa mestría  de Jacques Prévert e a mirada única da gran fotógrafa Ylla.
Na Casa de Feras o cachorro de león soña coa selva, da que a súa nai tanto lle falou. Tras lograr a súa liberdade, comeza unha trepidante aventura para explorar o mundo na que descubrirá que a vida cos humanos non é o que el buscaba. De volta na casa, contaralle ao seu irmán máis novo as súas vivencias con certas doses de imaxinación porque “a vida das plantas, das persoas e dos animais está feita de realidade, pero tamén de marabillosos segredos, de imaxinación e de verdades inventadas.”
Así termina “O pequeno león”, un clásico publicado en 1947 froito da colaboración da fotógrafa Ylla e o poeta Jacques Prévert. Un canto á liberdade, ao amor e á natureza; un relato audaz e comprometido que superou o paso do tempo e que formula interesantes reflexións sobre o comportamento humano e animal. Kalandraka recupera por vez primeira no noso país o texto íntegro censurado no momento da súa publicación, nunha edición que permite valorar o traballo excepcional de Ylla, unha das grandes figuras da fotografía de entreguerras xunto co gran poeta francés Jacques Prévert.

Otros libros del autor