O GALO QUE PUXO UN OVO (GAL)

O GALO QUE PUXO UN OVO (GAL)

Editorial:
OQO EDITORA
Año de edición:
Materia
Álbum ilustrado
ISBN:
978-84-9871-690-0
Páginas:
36
Encuadernación:
Cartoné
Colección:
O
Compartir en:
14,90 €
IVA incluido
En stock
Añadir a la cesta

Aquela mañá, as galiñas puxeran dez ovos; pero no galiñeiro só había nove. Despois de buscalo por todos os recunchos, descubriron que o galo agochárao entre as súas plumas. - Hai moito tempo que non hai pitiños; se vós non queredes fareino eu! - Un galo? -preguntan as galiñas, sorprendidas. -E por que non? Dareille calor ao ovo día e noite e, cando naza o pito, podo ensinarlle as cousas da granxa. Nunha sociedade moderna e desenvolvida, aberta e democrática, os roles de xénero póñense en cuestión, discútense, e ata se experimenta coa súa inversión. En moitos aspectos sociais, as fronteiras son cada vez máis anchas, mesmo difusas. Vivimos nun contexto no que se proclama e defende a normalización e o respecto polas ôdiferenzasö. A loita pola liberdade e o dereito para vivir as identidades e sexualidades de forma libre permitíronnos avanzar en modelos de familia e convivencia, máis alá do molde heteropatriarcal. Neste contexto, as funcións e responsabilidades dos proxenitores biolóxicos cara aos seus descendentes escenifícanse e repártense, ata o extremo de aparecer como algo natural aquilo que a bioloxía non p

Otros libros del autor

Otros clientes también compraron