O DON HAMLET DE CUNQUEIRO: UNHA ECUACION TEATRAL
NOVEDAD

O DON HAMLET DE CUNQUEIRO: UNHA ECUACION TEATRAL

Editorial:
EDICIÓNS LAIOVENTO
Año de edición:
Materia
Estudios literarios
ISBN:
978-84-8487-667-0
Páginas:
111
Encuadernación:
Otros
Colección:
LAIOVENTO
Compartir en:
13,95 €
IVA incluido
En stock
Añadir a la cesta

Este libro foi publicado por Luísa Villata en 1992 en Edicións Laiovento, unha editora que daquela tiña pouco mais dun ano de existencia. De feito, o volume que agora reeditamos foi o número 9 da súa colección xeral.
A peza O incerto señor Don Hamlet, príncipe de Dinamarca, a pesar da sua transcendencia tanto social como literaria, foi pouco ou case nada estudada até o momento en que Luísa Villalta abordou a sua análise, unha peza esquecida nos sotos do inmenso edificio que é a obra de Álvaro Cunqueiro.
Nacida baixo o signo da polémica, o autor confesa-nos en diversos lugares que esta obra é produto dos moitos anos que pasou a matinar na traxedia de Shakespeare intentando explicar-se a si mesmo a cuestión: quen é Hamlet? Eis a incógnita dunha ecuación que se formula única e exclusivamente en termos teatrais e cuxas raíces se perden nas mais remotas tradicións nórdicas.
Con este estudo, Luísa Villata procedeu a despexar brillantemente esa incógnita e moitas outras que envolven tan suxestivo tema co único propósito de explicar a xénese e elaboración da marabillosa solución que Cunqueiro soubo dar a esa pregunta.

Otros libros del autor