Achegar a lectura a nenas e nenos no espectro do autismo é o reto
	da colección De fácil lectura - Makakiños creada por KALANDRAKA
	en colaboración coa Asociación Autismo BATA. O texto deste conto popular adaptouse reducindo as palabras
	con carga alegórica, as metáforas e restando abstracción á linguaxe.
	As ilustracións tamén se axustaron para conseguir a máxima
	precisión na percepción da historia a nivel visual.