O BENSHI DE GALICIA

O BENSHI DE GALICIA. O ARREBATO CINEMATOGRAFICO DE REY SOTO

Editorial:
ALVARELLOS EDITORA
Año de edición:
Materia
Biografías arte y espectáculo
ISBN:
978-84-18567-44-5
Páginas:
232
Encuadernación:
Rústica
Colección:
OESTE [DIVULGACIÓN&ENSAIO]
Compartir en:
19,50 €
IVA incluido
En stock
Añadir a la cesta

O Benshi de Galicia. O arrebato cinematográfico de Rey Soto (Alvarellos Editora) de Manolo González, relata a insólita e descoñecida historia dun crego que foi tamén poeta, bibliófilo, bohemio, sedutor, visionario, sibarita... e inaudito director de cine. Nos anos vinte chegaría a ser o que hoxe dariamos en chamar toda unha celebrity.
En 1922 Antonio Rey Soto (Ourense, 1879-Madrid, 1966) emprendeu un proxecto moi
singular: fundar en Vigo a produtora Celta Film e rodar a película Un viaje a través de Galicia y Asturias (hoxe, perdida). Con ela xirará por América en 1923. Posuído dunha extraordinaria oratoria, Rey Soto actuará, en cada proxección, narrando ao público –de emigrantes galegos, principalmente– os contidos do seu filme, exercendo o papel dun verdadeiro «benshi», esa figura capital do cinema mudo xaponés, que explicaba a trama a unha audiencia moitas veces analfabeta. O Benshi..., que está ilustrado con cen fotografías e documentos moi descoñecidos, descóbrenos a peripecia existencial dun home cuxa vida é realmente a trama dunha verdadeira película, na que por certo participa boa parte da intelectualidade galega de comezos do século XX.