NON FAI FALTA A VOZ
NOVEDAD

NON FAI FALTA A VOZ

Editorial:
OQO EDITORA
Año de edición:
Materia
Álbum ilustrado
ISBN:
978-84-9871-469-2
Páginas:
36
Encuadernación:
Cartoné
Colección:
O
13,50 €
IVA incluido
En stock
Añadir a la cesta Consigue 0,41 Puntos


Todos os animais teñen a súa voz.
(...)

O can ladra.
Os cachorriños responden.

O gato miaña.
Os gatiños… tamén!

(...)

E a xirafa?

A xirafa non ten voz.
E a xira?ña, aínda menos!

Pero a xirafa ten un pescozo moi longo…
Tan longo que, con el,
acariña a súa cría.

“Non fales a non ser que poidas mellorar o silencio”, advertiu Jorge Luís Borges ante un excesivo valor das palabras. Canto máis nos poden transmitir un xesto, un aloumiño, unha mirada cómplice? Tal e como nos lembra Armando Quintero neste álbum; non fai falta a voz para mostrar cariño ou dicir cousas bonitas como quérote...

O contacto físico como mostra de afecto é imprescindible para o desenvolvemento emocional dos pequenos: dálles seguridade, favorece a súa autoestima e mellora a confianza en si mesmos e tamén nos demais. Neste aspecto, inciden tanto o texto de Armando Quintero Laplume como as imaxes de Marco Somá.

O ilustrador italiano humaniza aos animais protagonistas (cans, gatos, galiñas, paxaros, vacas, ovellas, cabalos, lobos, tigres e elefantes) e preséntaos en situacións familiares distendidas e de xogo, onde se pode sentir identificado calquera pequeno: divertíndose no parque cos seus pais, tomando un xeado, gozando do auga nun río ou lago.

Os xeitos de comunicarse entre eles (ladrar, miañar, cacarexar...) son claves para gozar destes momentos. Nas súas expresións podemos apreciar que se trata de momentos felices para toda a familia.

Marco Somá tamén mantén esta actitude vital de alegría coa aparición das xirafas. Nai e filla non teñen voz, pero contan con outro método efectivo e afectivo para comunicarse: os aloumiños. E a pequena xirafa decide compartir cos outros animais este modo de transmitir sentimentos e emocións.

A partir deste momento, a historia dá un xiro de 180 grados: as ilustracións de Marco Somá continúan mostrando a uns protagonistas que seguen gozando e nas mesmas localizacións (parque, campo de fútbol americano...) pero a orixe do seu benestar é outra; sen necesidade de palabras, só con mimos, abrazos, caricias...

Ademais, a aprendizaxe non se limita unicamente a novas formas de comunicación ou afecto, senón tamén de coñecemento e achegamento ao outro. Así, se as situacións de diversión eran entre animais da mesma especie, a partir de que a pequena xirafa ensina a un elefante como son as caricias, esta interacción entre diferentes razas continúa: o elefante ensínalle ao tigre; leste, ao lobo e así consecutivamente.

Non hai dúbida do peso protagonista das xirafas nesta historia e así o adianta a dedicatoria do escritor: Ao meu avó do corazón que, entre tantas cousas, un día me falou das xirafas.

Armando Quintero explica que o seu avó do corazón era un ancián, veciño da súa casa de neno, ao que el sempre sentiu como da familia. Este personaxe inculcoulle inculcou a súa paixón pola lectura e, en concreto, cara a estes animais cando, un día, lle explicou o seguinte:


“Todos os animais teñen os sons para chamarse e dicirse que se queren, menos as xirafas. Son mudas. Tan mudas que non emiten ningún son. Pero, como os mudos, para dicirse que se queren abren moi ben os ollos, por iso elas téñenos tan grandes e tócanse. E iso ensínanllo a outros seres.

A súa relevancia na historia está subliñada graficamente. Así, a portada é tamén para elas. Do mesmo xeito que o resto de personaxes, as súas roupas están coidadas ao detalle polo ilustrador, quen precisa que o vestido da nai está inspirado nun dos usados pola actriz Audrey Hepburn “nunha das súas moitas obras mestras do cine”.

“Decidín ilustrar este texto inmediatamente logo de terminar a primeira lectura”, asegura con entusiasmo Marco Somá. “Engaioloume o feito de que as palabras non sempre son necesarias e que, ás veces, un xesto é moito máis elocuente que unha emoción”, valora.

O ilustrador explica que, tendo en conta que o texto fala dun sentimento “tan simple como importante”, intentou interpretalo dun “xeito delicado”, tratando de crear ambientes "sinxelos e limpos"; onde a contorna ou a elección cromática ceden toda a carga protagonista aos personaxes e ás súas accións. Deste xeito, salientan o que, para el, é a mensaxe principal da historia: “a miúdo, non necesitamos as palabras para dicir ‘quérote’ ou ‘ámote’, un xesto é mil veces máis importante”.

Texto de Armando Quintero
Ilustracións de Marco Somá

Tradución do castelán de Marisa Núñez


+ 3 anos