Halloween chegou e Maggie Sparks está desexando celebralo!
A Maggie encántanlle os disfraces, os doces e todo o que dea medo, pero o seu mellor amigo Arthur non pensa o mesmo: os monstros, os vampiros e as pantasmas danlle moitísimo medo. Cando unha misteriosa nova veciña esperte as sospeitas de Maggie, a pequena bruxa lanzarase de cabeza a unha nova aventura chea de maxia, feitizos e divertidos enredos.
Unha historia de Halloween chea de humor e fantasía que demostra que ser valente non significa non ter medo, senón atreverse a afrontalo. Unha nova aventura de Maggie Sparks sobre a amizade, a coraxe e a importancia de estar ao lado de quen queremos.