LUGO BLUES

LUGO BLUES

Editorial:
ALVARELLOS EDITORA
Año de edición:
Materia
Poesía. lit gallega
ISBN:
978-84-18567-54-4
Páginas:
86
Encuadernación:
Rústica
Colección:
LIBROS DO SARELA [CREACIÓN]
Compartir en:
16,00 €
IVA incluido
En stock
Añadir a la cesta

Cando en 1987 apareceu a primeira edición de Lugo Blues axiña se converteu nun libro de culto, e os seus versos –que percorren a memoria persoal do autor mais tamén interpelan a nosa memoria colectiva– ían pasando de man en man descifrando o espírito desta cidade amurallada. Agora, tantos anos despois, era tempo de regresar a esta gran creación de Claudio Rodríguez Fer, que aquí revisa e amplía con numerosos poemas, e que incorpora o suxestivo traballo artístico de Sara Lamas.
É un Lugo fondamente emocional e vital, un Lugo sentido como refuxio, mais tamén un Lugo dende o que trazar a medida do mundo. E, por riba de todo, achéganos a memoria histórica dunha cidade onde comparecen Pimentel, Lorca, Fole, Ángel Johán, Juana Capdevielle, Urania Mella, o doutor Vega Barrera ou Díaz Baliño, entre moitos outros daquela tribo dos vencidos, mais nunca derrotados.

Otros libros del autor