LONG PLAY

LONG PLAY

Editorial:
XERAIS
Año de edición:
Materia
Ensayo. Literatura Extranjera
ISBN:
978-84-9121-293-5
Páginas:
192
Encuadernación:
Bolsillo
Colección:
VENTOBRANCO-ABLATIVO ABSOLUTO
16,85 €
IVA incluido
Disponible en 1 semana
Añadir a la cesta Consigue 0,51 Puntos

" Long Play " soa coma unha poesía incitada polas persuasións da aventura e do risco, conformando unha sorte de " jukebox de autoxeografía " . Estes versos teñen un pé no feitizo do estético, transitando pola benévola tiranía da rima; e outro, na inmediatez da emoción, a da esquina sucia do ring, cando o centro do libro viaxa ás formas máis propias da canción ou da " twitteratura " a ritmo de música e desexo, coma un parteluz que observa a " aritmética beatle " : letras tristes + alegres melodías.
A " forma " do Long Play navega libertaria cara ás augas de sinxeleza do fondo, tensando as fronteiras do xénero poético que galantea por intres con algún " riff " de humor ?se Ian Curtis é de Curtis e Ohio é O Hío, eu a Bueu digo vou, Jhonny, go, go!? e evasións cara " outros territorios posíbeis " ; concíbese o propio proceso de creación como un " crescendo de arte e ensaio " pleno de liberdade e de poesía por si mesmo. As palabras cantan e denuncian, celebran, imaxinan e protestan, concisas e inmersas na observación da experiencia vital: os problemas, os medos e inquedanzas de quen as escribe, os ollos tisnados da infancia infinda.
A " ledicia blue " que agroma do triste.
A loita por habitar os silencios da nosa zona escura.

Otros libros del autor

  • LP
    Titulo del libro
    LP
    PÉREZ DÍAZ, LOIS
    Agotado

    12,00 €

Otros clientes también compraron