LOAIRA

LOAIRA

Editorial:
EDICIÓNS LAIOVENTO
Año de edición:
Materia
Narrativa. lit gallega
ISBN:
978-84-8487-629-8
Páginas:
488
Encuadernación:
Otros
Colección:
NARRATIVA
Compartir en:
29,95 €
IVA incluido
Disponible en 72 horas.
Añadir a la cesta

Laiovento orgúllase de publicar Loaira, obra cimeira da literatura galega do S.XX, en que Anxo A.Rei Ballesteros traballou durante dez anos até a dar á luz en 1992. Queremos contribuír así para que texto tan sinalado encontre novos lectores e reciba o recoñecemento que merece. É unha novela radicalmente política e unha apaixonante historia de amor (como enerxía comunicante que transborda as fronteiras entre todos os seres), tamén do amor á Galiza, no seu tratamento de forma qun que vivimos -ou non damos vivido- a vibración do ser comunitario. Escrita nunha prosa espléndida, o Anxo sabe preservar a emoción, unir harmonicamente a comedia e a traxedia e difundir humor ás carradas.

Esta Loaira, gobernada polo máis inabalábel respecto ao texto orixinal, corrixe as numerosísimas grallas que tanto desluciron a primeira edición e suxire -en coherencia co espírito antiautoritario (contra o Autor coactivo) do Ballesteros- unha orde de lectura dos capítulos alternativa, a cal toma un texto tradicionalmente considerado dificil dunha novela fascinante,a mellor recreación artística do mundo estudantil de Santiago de Compostela nos inesquecíbeis anos do tardofranquismo e memoria viva das súas pulsións máis imperecedoiras, nomeadamente, a emancipadora esixencia de mudar a vida.