Este libro está pensado como unha primeira guía para o coñecemento da
literatura galega. Pretende un acercamento ao feito da creación estética
en galego sen abrumar cos pormenores da intrahistoria literaria nin co
estudo exhaustivo ou erudito de cada xénero e autor. Non é, pois, un
libro dirixido ex profeso a especialistas na materia, senón que se
ofrece a profesores e estudiantes ?lectores curiosos, en xeral- como un
manual onde se condensa unha información elemental referida á letras
galegas no seu decorrer histórico e un achegamento a diversos textos que
balizan a travesía artística da lingua de Galicia ao longo dos tempos.