LEC. O DERRADEIRO IRMÁN

LEC. O DERRADEIRO IRMÁN

Editorial:
XERAIS
Año de edición:
Materia
Narrativa. lit gallega
ISBN:
978-84-9782-879-6
Páginas:
192
Encuadernación:
Otros
Colección:
INFANTIL E XUVENIL - FÓRA DE XOGO
Compartir en:
15,50 €
IVA incluido
Disponible en 72 horas.
Añadir a la cesta

Cando David se lle aparece en soños, Raj prende na memoria da súa infancia: os campos verdísimos da illa tropical onde naceu, o arrecendo e o sabor das froitas e das bágoas, o seu pai e a súa violencia tan previsible, a tenrura da súa nai, os dioivos destrutivos e aquel sol abrasador, os seus irmáns desaparecidos na enchente e a instalación da familia preto da cadea onde vivían uns misteriosos refuxiados. O 26 de decembro de 1940, o Atlantic atraca en Port-Louis, con 1.500 xudeus a bordo, rexeitados de Palestina e deportados á illa Mauricio, entón colonia británica. Daquela Raj non sabía moito sobre o mundo, nin tampouco sobre as traxedias que estaban acontecendo. Tiña dez anos. A curiosidade levouno xogar no bosque da cadea onde traballaba o seu pai e desde alí viu a David no patio da cadea. Sabía que deberían ser amigos.
Unha novela conmovedora, que posúe a sonoridade dunha canción triste, onde cada frase pode chegar a emocionar. Unha novela aclamada polos lectores en Francia, onde obtivo os premios de novela FNAC 2007, o dos lectores de L?Express 2008 e o Cultura e Bibliotecas para Todos 2008.

Otros libros del autor