LAND ROVER
NOVEDAD

LAND ROVER

Editorial:
XERAIS
Materia
Novela actual
ISBN:
978-84-1110-835-5
Páginas:
184
Colección:
EDICIÓN LITERARIA - NARRATIVA
Compartir en:
18,95 €
IVA incluido
En stock
Añadir a la cesta Consigue 0,57 Puntos

Dous irmáns reencóntranse na cidade para repartir a herdanza da nai, unha muller temida e case meiga que marcou alá na aldea de orixe as súas vidas como unha sombra inevitable. Os dous, Abelardo (home honrado e ferido dende a infancia) e Sindo (trapalleiro e sedutor, vividor nato e sempre a un paso da ruína), percorren bares, confesións e vellos resentimentos nun día que se vai volvendo cada vez máis negro.
Todo estoupa cun Land Rover ás escuras, dúas siluetas proxectadas na parede e un golpe seco que cambiará para sempre o destino dos irmáns.
«Land Rover» é unha novela brutal e hipnótica sobre feridas familiares que non dan curado. Volve este clásico moderno de Suso de Toro na súa máxima potencia narrativa. Entre o presente e un pasado que persiste como un maleficio.

Otros libros del autor