FLORENCIO, CEGO DOS VILARES
NOVEDAD

FLORENCIO, CEGO DOS VILARES

Editorial:
INQUEDANZAS
Año de edición:
Materia
Cultura. Tradición e Folclore de Galicia
ISBN:
978-84-940598-5-8
Páginas:
88
Encuadernación:
Cartoné
Colección:
CHAVE MESTRA
20,00 €
IVA incluido
En stock
Añadir a la cesta

A Central Folque, publica este libro-cd, o primeiro que profunda, grazas a unha ampla nómina de reputados especialistas, neste personaxe fundamental para a música galega de tradición oral. As gravacións etnomusicolóxicas, contidas no CD, que Antón Santamarina e Dorothé Schubarth lle realizaron a Florencio entre 1979 e 1981 inclúen unha selección do inmenso repertorio de Florencio. A selección abarca tódolos xéneros do cancioneiro galego e inclúe varias pezas instrumentais.

No 2014 cumpríronse 100 anos do nacemento de Florencio dos Vilares, violinista cantor e contador natural da Fonsagrada de grande relevancia dentro do patrimonio musical galego que conservou un repertorio, un xeito de interpretar a música e unha forma de vida que desapareceu con el cando morreu no ano 1986. Na Fonsagrada é recordado por grande parte da poboación. Romances cantados por el coa axuda do seu violín, como “A Filla de Bartolo” ou “O Testamento do Gato” forman parte da memoria colectiva de grande parte da comarca. Florencio cantaba nas festas, feiras, onde houbera un grupo de xente a quen entreter coa súa música e os seus contos.

Ata mediados dos século XX era frecuente en toda Europa que as persoas invidentes se dedicasen a levar a súa música polas festas e mercados como medio de subsistencia. Os instrumentos cos que adoitaban acompañar o canto máis frecuentemente eran zanfonas, violíns ou instrumentos de corda pulsada. Normalmente ían acompañados dunha persoa que os guiaba, en moitas ocasións un rapaz de curta idade, quen acompañaba con algún instrumento de percusión ou se dedicaba a vender os pregos de papel que gardaban escritas as letras dos chamados Romances de Cego.

Con este libro réndese unha merecida homenaxe e disponse ao público a oportunidade de coñecer a súa arte musical. Nel destaca a participación da grande musicóloga suíza Dorothé Schubarth, principal estudosa da figura de Florencio, quen xa incluíra algúns rexistros e análises do fonsagradino no seu monumental Cancioneiro Popular Galego, realizado en parcería con Antón Santamarina e editado pola Fundación Barrié nos anos oitenta. O libro complétase coas achegas do investigador húngaro András Vavrinecz, especializado en violín tradicional europeo, o musicólogo galego Sergio de la Ossa, editor das transcicións musicais, o historiador Ramon Pinheiro e as transcricións das letras das cantigas realizadas por Antón Santamarina.

Esta obra forma parte da colección Chave Mestra que edita aCentral Folque. publica sobre persoeiros senlleiros da música tradicional. Até o momento, están publicados os estudos sobre o actor Joselín, o artesán Amadeo Goyanes, e o acordeonista Pazos de Merexo. Todos os libros están acompañados por un CD con gravacións históricas inéditas.