“Exteriores do paraíso. Escritos cómicos e tristes” é un libro inusual,
	e o lector viaxará por el como por unha paisaxe onde conviven formas
	e materias que ao raro ir xuntas. Á narración melancólica séguelle
	o poema que fai rir, ou o relato dunha lectura pública singular;
	ao apuntamento autobiográfico, unha extravagante conferencia sobre
	literatura ou un texto sobre as contradicións dun namorado por mor da
	súa afección á pizza.
	Máis aló da súa variedade, as páxinas deste libro, de estrutura ordenada
	e clara, comparten un mesmo fondo. Volven unha e outra vez sobre
	o Amor, o Medo e a Morte, os temas que, desde a primeira gripe de Adán
	–sinal do seu afastamento do paraíso, acompañan a todas as persoas
	deste mundo.
	“Exteriores do paraíso. Escritos cómicos e tristes” será un libro esencial
	na extensa e recoñecida obra de Bernardo Atxaga.