ESTUDIO SOBRE EMIGRACION - EDICION FACSIMILAR

ESTUDIO SOBRE EMIGRACION - EDICION FACSIMILAR

Editorial:
CONSELLO DA CULTURA GALEGA
Año de edición:
Materia
Historia contemporánea galicia (desde s.xix)
ISBN:
978-84-17802-08-0
Encuadernación:
Otros
Colección:
CONSELLO DA CULTURA
Compartir en:
15,00 €
IVA incluido
Disponible en 72 horas.
Añadir a la cesta

A Colección Clásicos da Emigración presenta unha escolma de libros que desfrutan da consideración de ser obras clásicas para o coñecemento e análise da emigración galega nas súas diversas épocas, destinos e facetas e que hoxe en día son difíciles de atopar en bibliotecas ou librarías. A publicación facsimilar acompáñase dun estudo crítico.
O Estudio sobre emigración de Eduardo Vincenti foi certamente innovador no contexto intelectual e político no que se produciu, tanto polos obxectivos que perseguía como polas súas características. Elaborou unha pormenorizada guía para orientar ás persoas emigrantes nunha conxuntura de éxodo masivo a América. Apenas entra no debate sobre a natureza deste e as súas consecuencias porque asume o dereito das persoas a decidir que proxectos desenvolver para mellorar as súas vidas. Coidaba, como bo liberal, que a suma desas saídas e retornos producía beneficios para a sociedade galega ou era, cando menos, un «mal conveniente» porque «vuelven trayendo más que llevaron».