Comencei a escribir este poemario cun pé en Cee e outro en Compostela, o que eu adoitaba chamar ?Santiago dC?.
Naquel momento, a mina intención era falar da crueldade, aniquilación, do abuso e da dependencia emocional que se vive nunha relación deshumanizada.
Iso é ?estrañamento?, a mutación repentina dunha realidade cotiá que se volta irrecoñecible. Non é a crónica dunha historia de amor, senón a súa autopsia.
Iso tería que ser todo, mais a vida non me permitiu facer o meu propio guión, e apareceu o ?abraio?. O corolario que pecha o círculo, do Estrañamento ao Abraio. Doulle grazas ao demo por todo. Sinceramente, Javi.