A Draco gustáballe atravesar a grosa capa de nubes e voar por riba delas. Desde alí semellaban de algodón! Pero, unha mañá, non se decatou de que as nubes eran grises e, ao intentar atravesar a tormenta, mancou unha das súas ás...Conseguirá Draco regresar á súa cova?