COMO LEVAR UNHA VIDA HONESTA:CONSELLOS MARTIÑO DUMIO

COMO LEVAR UNHA VIDA HONESTA:CONSELLOS MARTIÑO DUMIO. CONSELLOS DE MARTIÑO DE DUMIO A MIRO, REI DE GALICIA

Editorial:
CONSELLO DA CULTURA GALEGA
Año de edición:
Materia
Ética y filosofía
ISBN:
978-84-17802-53-0
Páginas:
142
Encuadernación:
Otros
Colección:
SIN COLECCION
Compartir en:
18,00 €
IVA incluido
Disponible en 72 horas.
Añadir a la cesta Consigue 0,54 Puntos

Cara ao ano 570, o rei Miro accedeu ao trono do reino suevo instalado na antiga Gallaecia e encargou ao seu mestre Martiño, arcebispo de Braga, un tratado con leccións para afrontar a vida e o goberno. A breve Formula vitae honestae é un compendio de ética natural fundado nos textos dos grandes autores clásicos. A obra converteuse nunha ferramenta imprescindible na educación dos príncipes europeos da Idade Media e tivo unha extraordinaria difusión, conservándose case setecentas copias latinas nos máis prestixiosos mosteiros, pazos e universidades do continente.

Con esta publicación, o Consello da Cultura Galega quere contribuír a recuperar a memoria dos persoeiros, intelectuais e monarcas, que asentaron un reino recoñecido, ao longo dos séculos e ata hoxe, como un ingrediente decisivo da identidade política e cultural de Galicia. Como levar unha vida honesta. Consellos de Martiño de Dumio a Miro, rei de Galicia ofrece a tradución ao galego deste tratado, acompañada de traballos de destacados especialistas que poñen en contexto a época e a obra.