COGOMELOS DE GALICIA E DO NOROESTE PENINSULAR
NOVEDAD

COGOMELOS DE GALICIA E DO NOROESTE PENINSULAR

Editorial:
CUMIO
Año de edición:
Materia
Jardinería, Plantas y Horticultura
ISBN:
978-84-8289-464-5
Páginas:
616
Encuadernación:
Bolsillo
Colección:
SIN COLECCION
35,00 €
IVA incluido
En stock
Añadir a la cesta Consigue 1,05 Puntos

Cogomelos de Galicia e do noroeste peninsular é unha publicación en que se describen os cincocentos cogomelos máis representativos do noroeste da Península Ibérica e quere servir de instrumento para todos aqueles que se desexan achegar á micoloxía ou para os estudosos que pretenden coñecer algo máis das especies que medran nos nosos bosques. A intención dos autores é conseguir que esta obra sexa unha guía de consulta eminentemente práctica. Así, o contido da obra está baseado nas especies que medran espontáneas nos bosques de Galicia e o noroeste da Península, facendo un percorrido pola maioría dos ecosistemas que podemos atopar, desde os prados e bosques autóctonos ata as plantacións de especies foráneas, desde os sistemas dunares ata a alta montaña, desde as especies saprófitas ás micorrícicas e as parasitas, sen esquecer hábitats específicos. Con esta variedade podemos asegurar que están representadas a maioría das especies comestibles e as tóxicas e velenosas máis frecuentes. Os textos van acompañados de seiscentas fotografías a toda cor, realizadas no hábitat particular de cada especie, que engaden unha serie de datos ecolóxicos importantes ao elixir os exemplares máis representativos e colocalos de xeito que se aprecien os seus trazos máis característicos.
Os autores desta obra teñen publicada unha segunda parte que describe outras cincocentas especies e cuxo título é ?500 cogomelos do litoral atlántico e noroeste peninsular?.