COAS MANS BALEIRAS

COAS MANS BALEIRAS

Editorial:
OQO EDITORA
Año de edición:
Materia
Álbum ilustrado
ISBN:
978-84-9871-713-6
Páginas:
36
Encuadernación:
Cartoné
Colección:
O
Compartir en:
14,90 €
IVA incluido
En stock
Añadir a la cesta

—E se lle levo auga de mar?. Non, iso xa o ten, porque o mar está no seus ollos.
É o aniversario de Mario e Alba está convidada a merendar na súa casa. Non sabe que regalarlle e, polo camiño, vai pensando nun obsequio para o seu amigo. Ocórrenselle moitas cousas, pero non é fácil decidirse cando se quere algo especial.
Ana Tortosa elixe un título revelador, “Coas mans baleiras”, para este conto que presenta valores moi afastados dos que a sociedade de consumo trata de impoñernos. Da man da protagonista deste álbum, descubriremos que o mellor regalo non é o que nos ofrece unha moda imposta por modas ou mercados. O agasallo é unha mostra de afecto ou gratitude que pode ir
moito máis alá do material, explorando outras alternativas: a natureza, a imaxinación, a creatividade…
Ademais o álbum esixe unha lectura atenta para resolver o reto que nos propón: adiviñar a identidade do misterioso Mario antes de chegar ao final, fiando as pistas que Jana nos ofrece ao longo do relato.
Cecilia Varela encheu de luz e vida as páxinas do libro. As súas continuas referencias ao mar e os motivos mariños (o temón, a praia, o faro, a buguina...) son unha metáfora dese mar de preguntas polo que navega Jana en busca do mellor agasallo para o seu amigo.
Dous personaxes, un gato negro e un polbo, acompáñana na súa aventura. Ambos son animais vinculados á cultura mariñeira. A historia dos navegantes está chea de relatos de polbos xigantes, aínda que este de Cecilia Varela é traste e rebuldeiro. Tamén, tradicionalmente, os mariños
viaxaban con gatos a bordo para controlar os ratos.
Un álbum ilustrado poético, delicado e directo que nos axuda a reflexionar sobre a demostración de afecto, potenciando aprendizaxes ricas en valores e benestar emocional.

Otros libros del autor