CEIBA DE LUZ

CEIBA DE LUZ

Editorial:
XERAIS
Año de edición:
Materia
Literatura juvenil
ISBN:
978-84-9121-276-8
Páginas:
344
Encuadernación:
Bolsillo
Colección:
FÓRA DE XOGO
Compartir en:
13,50 €
IVA incluido
En stock
Añadir a la cesta

O achado nunha tenda de antigüidades dunha estatuíña humana, de ouro macizo e fasquía precolombina, desencadea a organización da expedición Ceiba de Luz. Un grupo heteroxéneo formado por dezaoito persoas e comandado pola profesora Sandra Olivares embárcase na aventura de chegar ao mítico Eldorado. Durante máis de dous meses atravesan a selva amazónica no Perú na procura das culturas taimahuara e arapanac, ata alcanzaren a antiga cidade de Haripari. A convivencia provocará liortas, intrigas e traizóns, pero tamén relacións de amizade, amoríos e morte.
En " Ceiba de Luz " , Manuel Lourenzo González amosa a súa habelencia narrativa agasallándonos cunha novela de aventuras cargada de intriga onde as psicoloxías e as relacións dos personaxes, plasmadas nuns diálogos vivos, evolucionan no tan vizoso como abafante ambiente da selva amazónica. Como pano de fondo, a natureza virxe converxe coas culturas ancestrais para crearen un poder que se enfronta, desde o misterio, ao egoísmo e a superficialidade da sociedade en que vivimos.