CASA SKYLAB

CASA SKYLAB

Editorial:
XERAIS
Año de edición:
Materia
Narrativa. lit gallega
ISBN:
978-84-9782-045-5
Páginas:
192
Encuadernación:
Otros
Colección:
EDICIÓN LITERARIA - NARRATIVA
Compartir en:
17,40 €
IVA incluido
Descatalogado

Daniel Rodríguez Patapao, cacique de Negueira de Rodríguez e propietario de Casa Ataúlfo, enfróntase a unha grupo de hippies que se instalan unha comuna exenta de colorantes e conservantes e comparten espacio vital con Antón Duracel, un babiolo que atopa o sentido da súa existencia cando se viste de coello para anunciar unha marca de pilas. Sobre todos eles sobrevoa o Skylab, unha estación espacial norteamericana que quizais estea buscando as gafas de Castelao, os xamóns que multiplicou Ramón Otero Pedrayo ou o sombreiro que vestiu a cabeza de Beiras custodiados no pub ?Sempre en Galiza?, unha especie de parque temático do nacionalismo que rexentan dous siameses que soñan con iniciar a loita de liberación nacional. Por alí pasa, tamén, o carteiro Pablo Neruda a contar o seu conto e chegan visitantes non desexados como o subcomisario Alberte Sanxil. ?Casa Skylab?, a obra gañadora do Premio Xerais 2003, é a terceira novela de Jaureguizar na que intervén este curioso investigador que nada investiga, despois das súas aparicións anteriores en ?Comendo espaguetis diante da televisión? e ?As horas sucias?.
?Casa Skylab? de Jaureguizar é unha intensa novela, enchida de humor corrosivo, atravesada por unha trama criminal adobiada de mortes que aparecen e desaparecen ante o lector, como se a realidade fose un xogo de aparencias. Unha novela escrita dende unha visión irónica e sarcástica da realidade galega, presidida por un espírito iconoclasta, que o xurado de lectores do Premio Xerais 2003 definiu como ?unha interpretación mordaz e paródica do galeguismo?.
O xurado que lle outorgou o Xerais 2003, tamén, sinalou da obra que ?partindo da súa modernidade conceptual, da súa estructura singular e polifónica, e do seu estilo rápido e tempo profundo, conecta con esa novelística galega que con Cunqueiro se enche de maxia e defuntos?. Unha excelente novela chamada a renovar a narrativa galega da nova década.

Otros libros del autor