Entra de cheo no mundo da ciencia grazas a esta fantástica colección de libros.
Fotografías asombrosas, ampliadas para ofrecerche intrigantes detalles, xunto cun texto claro que che explica os feitos de moitos temas básicos. Os divertidos proxectos bríndanche a oportunidade de aprender tanto na casa como fóra.
Deixa que Camuflaxe Animal te leve a un mundo de descubrimentos!
* Investiga por que os animais necesitan camuflarse.
* Sorpréndete coas criaturas que cambian de cor dependendo da estación do ano.
* Mira de cerca unha folla... ou é un animal?
* Descubre como tenden trampas algúns animais para enganar as súas presas.