BAIXO AS ALAS DE ABRIL

BAIXO AS ALAS DE ABRIL

Editorial:
GALAXIA
Año de edición:
Materia
Narrativa actual
ISBN:
978-84-9151-717-7
Páginas:
460
Encuadernación:
Rústica
Colección:
LIBRO REGALO
Compartir en:
23,95 €
IVA incluido
Disponible en 72 horas.
Añadir a la cesta

Febreiro de 1989. Tras o atentado contra un cuartel da Garda Civil, o comisario Miguel Santos, coñecido por afastarse dos métodos empregados pola anterior policía franquista, ocúpase da investigación. A detención do grupo independentista autor do feito é obxectivo prioritario do goberno español. Ás implicacións políticas para a democracia axiña se han engadir as consecuencias na vida dos militantes do grupo armado e dos seus achegados. Mariló rexenta o bar familiar e ten o seu irmán agonizando no hospital, onde unha visita do comisario Santos, que acaba de ser pai, vai desdebuxar os límites do convencionalmente esperable.
Persecucións, interrogatorios, vidas demoucadas: a trama penetra no ambiente sindical e estudantil compostelán para deixar á vista a cicatriz perenne da liberdade. Unha novela de intriga policial coa que Fernández Leiceaga indaga nas raíces da sociedade actual. Amor, violencia, nación. As ilusións perdidas acaban por dar forma á realidade.