AS FILLAS BRAVAS DE MOMAN
NOVEDAD

AS FILLAS BRAVAS DE MOMAN

Editorial:
KALANDRAKA
Año de edición:
Materia
Teatro actual
ISBN:
978-84-1343-384-4
Páginas:
72
Encuadernación:
Rústica
Colección:
(G).BIBLIOTECA DE TEATRO
Compartir en:
13,00 €
IVA incluido
En stock
Añadir a la cesta Consigue 0,39 Puntos

Unha homenaxe teatral ás cantareiras e á poesía popular, protagonistas do Día das Letras Galegas 2025. As Fillas Bravas son tres mulleres maiores que tocan e cantan o que lles peta como antes fixeron a súa nai e a nai da súa nai, porque todas son fillas do vento, mulleres de andar a pé do toxo, orgullosas de vir de tras da silveira, cantoras dunha estirpe de voces furtivas que berran entre raposos. Viven en Momán, unha aldea que representa todas as aldeas e na que todo é posible. Elas veñen a reafirmar modelos apoderados de muller, vencellados a expresións culturais tradicionais que agochan berros emancipatorios e cantos de rebeldía insospeitados, valorizando a participación das mulleres na construción dunha memoria e dunha identidade colectiva. Este novo título da colección Biblioteca de Teatro é un recital teatralizado que actualiza a vixencia dos valores que as mulleres achegaron á cultura tradicional, creando e transmitindo un importante repertorio de creatividade colectiva arredor da música, o baile e do canto. É tamén un traballo de investigación sobre a sexualidade, as relacións de xénero e os roles d