ALBORADA DE EDIPO

ALBORADA DE EDIPO

Editorial:
EDICIÓNS LAIOVENTO
Año de edición:
Materia
Ensayo. lit gallega
ISBN:
978-84-8487-482-9
Páginas:
101
Encuadernación:
Rústica
Colección:
ENSAIO
Compartir en:
14,96 €
IVA incluido
Disponible en 72 horas.
Añadir a la cesta

Despois de Sófocles terlle dado forma canónica ao tema ou, mellor
dito, ao misterio de Edipo, sucédense ao longo da Historia de Europa,
e de forma máis ou menos continua, outra visións do dito misterio:
desde Séneca, no século I d. C. até Heiner Müller, na segunda metade
do XX, pasando por Corneille, Cocteau, Yeats ou Gide, por citarmos
só algús nomes.
Tamén os músicos, os pintores e os cineastas teñen sentido a chamada
do drama e, naturalmente, os directores de escena, que continúan
aportado innúmeras olladas da que é, talvez, a creación máis
próxima á natureza humana.
Ademais das obras dos escritores e dos artistas, desde mediados do
século XIX vimos asistindo a un tratamento científico do caso; mitólogos,
antropólogos, filólogos e mesmo psiquiatras procuran con cadansúa
ferramenta unha explicación do dito misterio, non só indagando
nas orixes do mito, mais tamén tratando de reduciren a figura de Edipo
a un único significado.
Nas páxinas de Alborada de Edipo, o autor afástase de calquera
método ou escola interpretativa e achégase, da man do coñecemento
e da intuición poética, ao enigma que tanto interese leva espertado, e
continuará a espertar, no mundo occidental.
Mais a súa intención non é comprender Edipo, porque sabe que o
Rei de Tebas, igual que o Príncipe de Dinamarca, Sigfrido, o Capitán
Ahab, Frankenstein, Superman e outras imaxes da mesma criatura, resístense
a seren comprendidos. Eles están aí, diante e detrás dos nosos
ollos, non para seren convertidos nun teorema, mais para provocaren
a ansia de procura, de encontro ou de debate, en fin, de vida.