ADOLPHE

ADOLPHE

Editorial:
EDICIÓNS LAIOVENTO
Año de edición:
Materia
Literatura
ISBN:
978-84-8487-493-5
Páginas:
103
Encuadernación:
Rústica
Colección:
COLECCION XERAL
Compartir en:
14,96 €
IVA incluido
Disponible en 72 horas.
Añadir a la cesta

Estamos ante proposta para a literatura galega da tradución dun texto relativamente curto e, en gran parte, inxustamente esquecido da literatura francesa, pero que se sitúa nos albores da novela romántica, (lembremos Atala(1801) e René (1802) de Chateaubriand, ou Corinne(1808) de Mme de Staël) coa que comezaría a saga da grande novela moderna francesa do XIX. Trátase de Adolphe (1816) de Benjamin Constant. Sitúase pouco despois das obras mencionadas e so quince anos antes que do primeiro gran relato deste século Le Rouge et le Noir(1830), e dalgunha maneira contribúe a explicar e a poñer a andar unha nova escritura moi diferente da escritura de corte clásico. O interese desta noveliña esta precisamente neste carácter teórico, preparatorio, precursor e renovador dos presupostos narrativos, na medida en que desbota as regras do clasicismo, aínda en certo modo vixentes no século XVIII (no caso de Voltaire, por exemplo), para dar lugar a unha narrativa mais preocupada polos problemas resultantes dos hábitos sociais e polo seu peso decisivo na conducta e na psicoloxía do individuo. Parécenos moi útil que a literatura galega, que xa traduciu obras de Stendhal, Balzac e Flaubert conte tamén agora con esta aportación.
Antón Figueroa Lorenzana

Otros libros del autor