VILLAFAÑE, JAVIER; NICOLAS BALLESTEROS, IAGO
Hai grandes aventuras que esperan ao cabo da rúa, o único que se
precisa é un pouco de imaxinación.
Santiago sae da casa no seu triciclo, disposto a dar a volta ao mundo.
Durante o seu percorrido van sumándose un bo número de animais que se
converten nos seus compañeiros de viaxe: un can, un gato, un coello, unha
formiga, unha vaca, pero tamén un elefante, un cabalo, unha xirafa...
Axudándose uns a outros descobren pequenos detalles, reais e ficticios, do
mundo que os arrodea. Unha vez completada a volta ao quinteiro –todo un
universo que explorar– chega o momento de despedirse...
Kalandraka recupera esta obra de Javier Villafañe e Juan Ramón Alonso,
Premio Austral Infantil en 1985, unha historia de estrutura acumulativa con
ilustracións en técnica mixta, lapis de cor e acuarela, que achegan gran
calidez e dinamismo a este relato.