XVI Premio Internacional Compostela de Álbum IlustradoUnha pequena raposa queda soa na tobeira e pese á advertencia da súanai denon abrirlle a porta a ninguén, deixa entrar a unha visitasorprendente: oSilencio. Tras uns instantes de desconfianza e medo aprenderá xunto ao seuinvitado que non se necesita música para bailar, xa que os latexos doteupropio corazón marcan o ritmo. Ou que esa voz interna que precisa dequietude para ser oída son os teus propios pensamentos.Un álbum delicioso que anima a gozar da soidade e o silencio. Unhaproposta orixinal e necesaria nunha sociedade saturada de ruído econtaminación sonora.