A SEMENTE, A ARBORE, A FROITA

A SEMENTE, A ARBORE, A FROITA. ANA PONTON EN CONVERSA CON MARIA REIMONDEZ

Editorial:
XERAIS
Año de edición:
Materia
Política
ISBN:
978-84-9121-690-2
Páginas:
120
Colección:
CRONICA
Compartir en:
19,95 €
IVA incluido
Disponible en 72 horas.
Añadir a la cesta

ÃÉ difícil que haxa alguén que non escoitase falar nos últimos tempos do " efecto Pontón " . En boa medida, o efecto explícase pola chegada ao liderado do BNG dunha muller nova, con moitos anos de dedicación política ás súas costas, que levou o partido a experimentar unha importante recuperación cun discurso renovado. Este libro é o froito dunha longa conversa entre dúas mulleres, unha conversa demorada e, segundo María Reimóndez, " pode que por momentos incómoda " , que nos axuda a comprender quen é Ana Pontón abordando a súa dimensión política dende unha perspectiva íntima, confesional e persoal. Reimóndez, que se achega aos partidos (confesa no limiar) con reticencia e curiosidade, percibe na figura de Ana Pontón a sororidade das mulleres galegas que buscan transformar a sociedade desde o ensino, a ecoloxía, a escrita, a arte, o mundo laboral e científico e tamén dende a política. E transmítenolo cunha ollada, naturalmente, comprometida. Tras décadas de intenso labor parlamentario e un bo coñecemento da realidade galega, Ana Pontón lidera unha organización coma o BNG. Pero quen é realmente Ana Pontón? " A semente, a árbore, a froita " non é tanto un libro de actualidade como o achegamento dunha escritora á figura dunha muller pública para atopar, a través da palabra, a súa exacta dimensión.

Otros libros del autor